Friday 17 de May de 2024

Últimos días para visitar “Meigas, sabias e mulleres boas” na galería do Concello de San Sadurniño


Ata o día 15 de decembro continúa aberta na galería do Concello de San Sadurniño a exposición “Meigas, sabias e mulleres boas”, da ceramista fenesa Carme Romero, que pode visitarse nos horarios de apertura das oficinas municipais.

Ademais, hoxe venres é o último día en que estará aberta en horario de tarde -16:30 a 19:30h- tendo á propia autora como guía dunha mostra excepcional que reivindica o papel comunitario das meigas-conselleiras, meigas-menciñeiras e meigas-mulleres afoutas nunha sociedade case desaparecida.